viernes, 30 de octubre de 2015

Reflexión sobre o Marco Instrumental da Orientación Laboral



    O terceiro é último dos módulos do curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, para min foi dos mais importantes posto que fala do traballo, intervención e das diferentes funcions e tarefas do orientador laboral e como levalas a cabo. 

    Maite Deus introduciu esta temática cos distintos modelos de intervención que existen e centrouse nun modelo baseado na intervención que se senta sobre catro piares básicos: a entrevista como técnica básica, un sistema facilitador de inserción, unha estratexia centrada nos recursos do demandante e o traballo a través de Itinerarios personalizados de inserción.

    Os principios do orientador baixo esta maneira de traballar deben ser a individualización, a flexibilidade e o fomento da autonomía. E estes principios vanse a reflexar tanto nas accions e entrevistas individuais do orientador co seu orientado, asi como naquelas accions grupais (obradoiros grupais de busca de emprego, competencias dixitais, habilidades sociais…). De especial importancia e ter en conta ditos principios e interiorizalos cando atendemos a diversidade e sobre todo no traballo con persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Nestos casos, é importante facer unha avaliación en profundidade da situación global e capacidades do demandate, e tratar de implicar á familia no proceso de busca de emprego. 

    O traballo do orientador a través dos itinerarios vai a consistir nun conxunto de accións que se organizan nun proceso personalizado e lóxico que ten como obxetivo o desenvolvemento profesional dos usuarios, así como a sua inserción sociolaboral.

Como vemos no seguinte esquema, para elaborar un itinerario imos a ter unha serie de fases.



  
   De fundamental importancia para o orientador é o desenvolvemento de entrevistas, a isto se adicou o tema 13, no que se trata sobre os tipos de entrevista, as partes nas que se divide, funcións do entrevistador, reglas de comunicación, recomendación, etc. Tamén se dan unhas pinceladas sobre a orientación laboral na Unión Europea.

       Unha das sesión presenciais deste módulo, tratou sobre o que podemos ler no tema 14, é dicir, a prospección de empresas e a intermediación laboral, no meu caso en concreto, resultoume interesante xa que onde eu traballo unha das partes mais importantes é a intermediación laboral, e puiden comprobar como a maioria de nos, independentemente de orientadores do SPEG, centros colaboradores, concellos ou outras entidades seguimos os mesmos métodos para dirixirnos as empresas. 

     Durante este terceiro módulo era imprescindible tratar sobre as ferramentas de busca de emprego, no tema 15 veñen desglosadas e ben explicadas as diferentes técnicas e ferramentas, asi como probas de selección e como poder afrontalos. 
     Aquí vos deixo un videocv dos que elaboramos en Feafes, fruto do traballo individualizado cos nosos usuarios.



     Neste módulo retomamos o tema do plan de empresa novamente da man de Fernando Agulló, fíxoseme especialmente dificil esta parte, porque son demasiados conceptos novos, moitos números, e moito darlle a cabeciña en pouco tempo, e teño que dicir gracias as compañeiras do meu grupo porque eu era un pouco exceptica co noso plan de empresa! o final parece que tomou forma, e incluso daría beneficios! wow!




    Para rematar as sesións presenciais do curso, tivemos a sorte de contar cunha mesa redonda onde participaron diferentes persoas tanto de asociacións cooperativas, do IGAPE e emprendoras de éxito! Deixovos os enlaces de todas elas por se queredes botarlles un ollo.



Asociación galega de cooperativas agroalimentarias (AGACA)
Unión de cooperativas de traballo asociado (Ugacota)
Asociación de jóvenes empresarios de Galicia (AJE)

Instituto Galego de Promoción económica (Igape)
Galejobs
Menta, mediación y desarrollo personal



No hay comentarios:

Publicar un comentario