lunes, 27 de julio de 2015

Un acercamento ó marco conceptual de referencia no eido da orientación laboral. MFerr



Un acercamento ó marco conceptual de referencia no eido da orientación laboral, é o principal tema que se tratou nas sesión presenciais realizadas até o de agora no Posgrao de Especialización en Orientación Laboral 2015. Esta entrada é un resumo do contido dos relatorios realizados polos diferentes ponentes, reflexionando sobre a súa utilidade no día a día do exercicio do nosa profesión como orientadores laboráis:


 1. Marco de Referencia da Orientación Laboral 

 Ponencia de Teresa Bernal Cortegoso, que ofreceu unha visión do Sistema Nacional de Emprego que se compón do Servicio Público de Empleo Estatal – SEPE, que lexisla en materia laboral e de Políticas Pasivas de Emprego (prestacións e subsidios por desemprego), e do Servizo Público de Emprego de Galicia – SPEG, que instrumento da Xunta de Galicia, que asumeu competencias no eido do emprego que se encarga da execución da lexislación laboral e das Políticas Activas de Emprego. 



Moi interesante o análise do marco marco actual da política de emprego en España, que nos sitúa como orientadores nas novas coordenadas que veñen dadas por unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e a creación de emprego, o Programa de Garantía Xuvenil, Estratexia de emprendemento e emprego, e a Estratexia española de activación para o emprego 2014-2016, e relacionando todo coa Estratexia Europea de Emprego 2020 como programa anual de planificación e coordinación dos Estados membros para combater o desemprego. Resulta tamén de utilidade, o breve resumo sobre os principais indicadores para realizar a análise e estudo do mercado de traballo. 

 2. O Mercado Laboral

Fernando Luis Agulló Leal, explicounos o funcionamento do mercado de traballo e os principais indicadores que o compoñen. Analizando o desemprego e o mercado de traballo actual. Tamén se abordaron os principais instrumentos, ferramentas e indicadores a utilizar na realización de estudos do mercado de traballo, que nos axudan como técnicos de emprego, prosquectores ou orientadores laboráis, a ter un coñecemento máis exacto do mercado de traballo no territorio onde traballamos. 


 3. Certificación e Formación Profesional 

 As ponencia de Elena González Cámara Cayuela, analizou o Sistema O SNCFP- Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional, é o elemento central entorno o que se articula a reforma da Formación Profesional, segundo a Lei Orgánica 5/2002, desglosando os distintos instrumentos a través dos que se artella. Aclarando conceptos fundamentais relativos o deseño e composición das cualificacións profesionais, certificados de profesionalidade, unidades de competencia, e módulos formativos asociados. 

Ana Ferreiroa Dobarro, explicou as cualificacións profesionáis, que se utilizan para elaborar os títulos de FP e o Recoñecemento da Experiencia Laboral, dende un punto de vista máis práctico. 



4. Política Social e de Emprego na Unión Europe

Cristina Couto Palla, fixo un resumo moi aclaratorio sobre o mapa de institucións e organismos comunitarios en política social e materia de emprego, a Estratexia de crecemento Europa 2020 e do financiamento da UE para apoiar e complementar á política social e de emprego dos gobernos nacionais dos estados membros. A exposición sobre os fondos para o finanzamento: FSE 2014-2020, o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización, o Programa para o Emprego e a Innovación Social. 


 5. Iniciativa Emprendedora como forma de acceso ó Mercado Laboral 


Fernando L.Agulló Leal, no seu relatorio, acércanos ós principais aspectos a ter en conta no proceso de creación de empresa, partindo en primeiro lugar de analizar a figura do emprendedor, as vantaxes e inconvintes de emprender, e a importancia de realizar un Plan de Empresa, detallado, que será a folla de ruta que guiará o emprendedor no seu proxecto, e presenta o modelo Canvas, como unha ferramenta moi útil para súa elaboración. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario