domingo, 26 de julio de 2015

REFLEXIÓN SOBRE O MARCO CONCEPTUAL

Rosario Paz Rey Reflexión sobre o Marco Conceptual Módulo 1

Tema 1: Marco de Referencia da Orientación Laboral

Presentación realizada por Teresa Bernal (Xefa Servizo de Orientación Laboral SPEG),onde comentou que o Servizo Público de Emprego de Galicia é a estrutura pública da Xunta de Galicia que presta servizos no ámbito das Medidas Activas de Emprego; que as Políticas Activas de Emprego (transferidas a todas a CC.AA), son as políticas de Orientación, Emprego e Formación, con 3 obxectivos fundamentais: mellorar as opcións de emprego das persoas por conta allea e por conta propia, consolidar o mantemento do emprego mediante a mellora do noso perfil profesional e fomentar o espírito empresarial e da economía social.
O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) lexisla en materia laboral e das Políticas Pasivas de Emprego (prestacións e subsidios por desemprego).O SPEG executa a lexislación laboral estatal.
A rede de Oficinas de Emprego constitúe o elemento organizativo básico e o máis próximos ós/ás cidadáns, xunto cos Centros Colaboradores do SPEG e as dúas oficinas do Empregador/a. Cabe destacar a importancia da clasificación da demanda, unha vez realizada a inscrición no SPEG a través das Oficinas de Emprego, e a realización da Orientación Laboral, a través das propias O.E e dos Centros Colaboradores coma no que estou eu, no Concello de Cee 

No marco actual da política de emprego en España, destacamos unha serie de medidas urxentes adicionais de fomento da contratación e a creación de emprego: redución das cotizacións, contrato indefinido: Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, contrato indefinido para emprendedores, Estratexia de emprendemento e emprego novo 2013-2016, Estratexia española de activación para o emprego 2014-2016.
As estratexias dos estados membros da UE segundo a Estratexia Europea de Emprego (EEE) constitúen un programa anual para combater o desemprego.
Tema 2: O Mercado Laboral
Neste tema, explicado por Fernando L. Agulló, trátase o mercado de traballo e a evolución das súas principais variables.
O equilibrio no mercado acádase por interacción da oferta e demanda de emprego, comentando o enfoque clásico e keynesiano da evolución do mercado.
A enquisa de poboación activa (EPA) constitúe a principal fonte estatística sobre o mercado laboral. A mesma proporciona estimacións da poboación activa, a taxa de paro e de emprego.
Respecto o mercado de traballo actual, teremos en conta os portais do SEPE, SPEG, Serv.Galego Seg e Saúde Laboral, do IGAPE e da Comisión Europea de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión.
A información sobre o comportamento das ocupacións podemos consultala nas Fichas do mercado laboral galego 2015, así como as fichas provinciais e comarcais do Instituto Galego das Cualificacións. Moi importante tamén, os novos xacementos de emprego, os perfiles profesionais da oferta de emprego, o Observatorio Ocupacional do SEPE, o do SPEG e o Observatorio Europeo do Emprego (OEE)
Repasando ó final do tema os sectores e os tipos de empresa segundo o seu tamaño, actividade,forma xurídica, etc.
Tema 3: Certificación e Formación Profesional
A explicación e contido deste tema, vaime ser de moita utilidade, porque é algo que nos consultan e temos que explicar… Este tema vai máis aló, vai a orixe e o desenvolvemento dos certificados, cualificacións e da Formación Profesional. Moi completo e defendido maxistralmente por Ana Ferreiroa e Elena González Cámara. Con esta última, fixemos repaso de determinados conceptos básicos para este tema: FP (Módulos), referente formativo de las Unidades de Competencia, Formación Reglada (de Básica, Ciclo M.,Ciclo Sup., DUAL) e Formación Non Reglada (Ocupacional: para Desempregados/as e Contínua: para Activos/as), Cualificacións, necesidades do Mercado de Traballo: Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionáis, Catálodo de FP Admón. Educativa, Oferta Formativa nos Centros de FP
Explicou ademáis, as novidades do R/D de 22 de marzo de 2015, para a “Reforma Urgente del Sistema de Formación Profesional para el Empleo”, para garantir maior transparencia e control, a libre concurrencia entre entidades de formación, creación da conta de formación (que é persoal, non caduca e está vinculada ó nº de S.S), o Cheque de Formación (1 ano de traballo equivale a 20 h. anuáis e pódense acumular ata 5 anos), a creación dunha unidade especial de Inspección de Traballo, os Fondos son plurianuales, entre outras.
E comentou a tridimensionalidade no mundo do traballo: capacidade, habilidade e actitude (competente/ Competencia)
Ana Ferreiroa Dobarro, explicou as cualificacións profesionáis, que se utilizan para elaborar os títulos de FP e o Recoñecemento da Experiencia Laboral.
Sistema Educativo: Títulos de FP, Sistema de Formación para o Emprego (para desempregados e ocupados), Recoñecemento da competencia profesional.
Acreditación Profesional, Ficheiro de Especialidades Formativas (os novos teñen de códigos: 4 letras=A familia e 4 díxitos=Area . Exm: ADGG0308. E se denominan coa función ou actividades que desempeñan.
O Certificado de Profesionalidade non regula a profesión. Unha vez que se ten o certificado, ten que ser o organismo regulador correspondente o que fai a xestión. Poden ser de nivel 1 , 2 e 3 . Importante tamén as Competencias Clave
Recoñecemento da Experiencia Profesional: rEXP: Asesoramento, Evaluación e Acreditación.


Tema 4: Política Social e de Emprego na Unión Europea

Este tema tan extenso e moi ben explicado por Cristina Couto Palla, deixa entrever o pouco que sabemos sobre o marco laboral e formativo da UE, así que grazas de novo por unha ferramenta máis para poder aplicar ás orientacións laboráis. Moi enriquecedor.
Ademáis, mencionar que nesta ponencia estiven “chiando” con outros compañeiros/as, seguindo as explicacións do noso paciente titor Carlos Parada Gandos.
Cristina Couto comentou da Estratexia de crecemento Europa 2020 e do financiamento da UE para apoiar e complementar á política social e de emprego dos gobernos nacionáis.
Das institucións e organismos comunitarios en materia de emprego: Comisión Europea, Parlamento Europeo, Consello da U.E, Comité Económico Social Europeo
A mobilidade dos traballadores/as polo espazo europeo: libre circulación dos traballadores/as: dereito de entrada e residencia dos membros da familia e o dereito de traballar noutro Estado membro. Rede Eures,Fondos Estruturais (FSE) (accións que alenten a loita contra a discriminación, favorecer o acceso e a igualdade das mulleres no mundo laboral, traballo en asociación, mellores servizos públicos, proxectos e redes transnacionáis)
(FSE 2014-2020), Programas: PROGRESS, EASI.
EUROPASS (5 Documentos), ERASMUS + (agrupa a 7 programas: Erasmus, Comenius, Leonardo,juventud en acción,...), Erasmus para Emprendedores,PLOTEUS, TUEUROPA, SVE (Servizo Voluntariado Europeo, certificado:Youthpass),e unha novidade: Alianza Europea para a Formación de Aprendices.


Tema 5: A Iniciativa Emprendedora como forma de acceso ao Mercado Laboral
Explicado por Fernando L.Agulló Leal introdúcenos na iniciativa emprendedora para fomentala e realizar algúns dos primeiros pasos necesarios para acompañar na creación de emprego os/as futuros/as emprendedores/as.

Partindo da motivación, a Idea e a sua maduración, temos emprendedores/as que nacen, son creativos, entusiastas...e outros emprendedores/as: fanse

As vantaxes (obter ingresos, ser o propio xefe, tomar as decisións…)e inconvintes (moita dedicación, incertidumbre nos resultados, asumir riscos, presión, carecer apoio familiar…)de emprender.
Comentou a forma da Idea e de como validala a través do Plan de Empresa (documento profesional e non académico) e que se acompaña dun informe executivo. Que os/as emprendedores/as deben implicarse no Plan de Empresa, ó marxe de que sea realizado por un profesional da materia e que os obxectivos da Orientación no Emprendemento é a de Transmitir o Valor do Emprendemento como forma de acceso ó Mercado Laboral, Canalizar o Talento das persoas de cara o Emprendemento e Emprendemento Social, Satisfacer as expectativas da persoa emprendedora ó solicitar que lle orienten no proceso de crear a súa empresa e propiciar que se materialicen proxectos visibles e sostibles que contribúan á creación de riqueza, postos de traballo….
pero non realizaremos o plan de Empresa….(consultar TLE /ADL, Igape,….)
Explicado tamén e con exercício práctico: un deseño do Modelo Empresarial que contén as respostas a cuestións fundamentales da futura Empresa: o MODELO DE NEGOCIO: CANVAS (LIENZO). Un modelo de negocio describe las bases sobre las que una empresa Crea, Proporciona y Capta Valor. Con el Canvas validaremos á Idea e a convertiremos en algo factible, ver as súas posibilidades de éxito para logo facer o Plan de Empresa.
Quedo con unha última reflexión que comentou Fernando, “cando unha empresa pode pagar salarios durante 36 meses consecutivos, é unha Empresa CONSOLIDADA”.
Noticia a maiores: Celebrándose en Kenia a Cumbre Mundial de Emprendemento este 25 e 26 de xullo de 2015



Para saber máis:

Servizo público de emprego estatal
Servizo público de emprego de Galicia
Competencias clave
Recoñecemento da experiencia profesional
Erasmus emprendedores



GALICIA EMPRENDE







O TEU PRIMEIRO TRABALLO EURES



No hay comentarios:

Publicar un comentario